El Caldero de la Bruja

En este caldero echaré un poco de fantasía, un poco de ci-fi, y un mucho de todo aquéllo que me gusta.

Mi foto
Nombre:
Lugar: A Coruña, A Coruña, Spain

28.2.06

Antroido

Si tengo tiempo, he de traducir este texto (los gallegos lo tenéis más fácil).
O "Antroido" é unha festa moi popular en Galicia, sobor de todo nas nosas vilas e aldeas, ainda que durante o franquismo, coa prohibición das máscaras, esmorecéu un pouco. A orixe da verba "antroido" deriva do latín "introitus" , que significa "entrada" ou "comenzo" da primaveira e do rexurdimento da vexetación.
As festas do "antroido" ou "entroido" teñen como antecedente lonxano as festas pre-cristáns que se celebraban na antiga Grecia para honrar ó deus Dionisios e que logo pasaron a Roma, onde había o costume de celebrar grandes festas polo antroido: eran as bacanales, as saturnales (cando os escravos podían poñer as togas dos seus amos e finxían mandar neles... despois das festas as cousas voltaban ó seu rego) e as lupercales.
Estas festas paganas serán "asimiladas" polo cristianismo e incorporadas ós ritos litúrxicos da igrexa. A igrexa católica lista coma sempre, relacionará o antroido co advenimento da coaresma, e deste xeito a " antroido " significará a despedida das carnes: o martes de antroido marcará o remate das grandes esmorgas de carne de porco (cacheira, rabo, orella, soá, bandullo, lacón, filloas de sangue) para entrar na abstinencia dos coarenta días da coaresma. Por isto, os tres días denantes do mércores de cinza chamánse as "carnestolendas".
O antroido terá un caracter de licencia e liberdade, o mesmo que aconteceu nas saturnales dos románs: no tempo do antroido está permitido facer cousas que non se poden facer no resto do ano, como roubar os ovos das galiñas ou os potes das casas, emporcallar á xente con barralla, farelos e mesmo lama, ou criticar púbricamente ás persoas descubríndolles seus defectos ou ridiculizando feitos das súas vidas.
O antroido dura dúas semáns e media: as semáns de septuaxésima e sexaxésima e tres ou catro días da quincuaxésima. Os días principáis destas festas son :
O Domingo Fareleiro (ou de septuaxésima), canda os rapaces botan fardos au chísmas enriba das mozas e das mulleres.
O Xoves de Compadres e o Xoves de Comadres, días ámbalos dous nos que ten lugar unha guerra simbólica dos sexos: no primeiro xoves as mozas fan bonecos, os "compadres", e quéimanos loitando cos mozos, que para impedilo botánlles ás mozas auga, borralla ou chinas. No Xoves das Comadres son as "mozas" as queimadas.

O Domingo Corredoiro (ou de sexaxésima), chamada así porque e o día no que se corre o antroido. E tamén o día no que se fai nalgunhas aldeas a "corrida do galo".
O Domingo Corredoiro os rapaces e mozos botan auga, ovos podres, borralla, lama, mesmo formigas á xente. Nalgunhas aldeas os cativos fan (ou facían) chicotes (xeringas de cana de sabugueiro cun émbolo axustado con estopa para tirar a auga con máis forza).
O Domingo, o Luns e mailo Martes de Antroido son os tres días grandes do antroido. Neles fanse as grandes esmorgas, os desfiles de máscaras polas rúas ou polas corredoiras e mailos bailes de disfraces. As máscaras teñen unha grande importancia nestes días, sobor de todo o Domingo de antroido. Reciben nomes moi diversos, como cigarróns, peliqueiros, choqueiros, charrúas, felos e murrieiros. Cecáis as máis famosas señan os cigarróns dos vales de Laza e Monterrey na provincia de Ourense. Tamén hai máscaras máis finas, chamadas "damas" e "galáns", "madamitas" e "madamitos", e os "xigantes".
Asímesmo, nos tres días grandes do antroido fánse farsas, comparsas, sermóns ou simúlase unha guerra entre dous "exércitos" dirixidos cada un por un "xeneral". Son famosas as da terra da Ulla, Deza, e Cotobade na provincia de Pontevedra. Non podemos esquecer o famoso "Enterro da Sardíña", no mércoles de cinza, que estivo prohibido moito tempo durante o franquismo: pola noite sale a xente envolta nunha sábana e levando botafumeiros feitos de folla de lata nos que queimaban zapatos vellos, goma de llanta e todo o que cheirase mal. Co enterro da sardiña e a queima do boneco do antroido éntrase na coaresma, nos coarenta días de xexún, nos que non se "pode" comer carne, e a xente di adios ó antroido.

O tempo do Antroido posúe unha cociña propia e diferenciada que presta especial atención ó porco e ás larpeiradas. Do porco o prato mais popular é o lacón con grelos, anque en moitas zonas o lacón é substituído por cachucha (cacheira), androlla ou butelo. Nos doces teñen especial importancia en toda Galicia as orellas e mais as filloas, estas ultimas nas súas diferentes versións, á pedra, con leite, con auga, con caldo...Tamén nesto se innova xa que nos últimos anos en Verín os reposteiros da zona crearon a torta do cigarrón. Póñena á venda nas datas do Antroido e están a ter moito éxito.

9 comentarios:

Anonymous Anónimo ha dicho...

Filloas, orellas, lacón con grelos... moi típico de galicia é poñerse coma o quico de comer...

¿Cómo o celebrades en Zaragotham?

miércoles, marzo 01, 2006 8:51:00 a. m.  
Blogger Maz ha dicho...

Pues ni me he enterado de que eran Carnavales. Menos mal que veo un poco las noticias y me enteré por ahí, porque aquí hay muchas tiendas de disfraces pero ni ves a la gente por la calle ni nada de nada :P.
Estoy deseando volverme para Galicia, a la vida "normal" XDDDDD.

miércoles, marzo 01, 2006 10:17:00 p. m.  
Blogger DesiTur ha dicho...

"Los gallegos lo tenéis más fácil"... estoy perdida, ¿no eras gallega? :)

Bueno, si quieres puedo hacértelo yo que tengo tiempo de sobra. Aunque hay por ahí un par de palabras que me tienen despistadísima.

En cuanto a las saturnales, me han intrigado. Imagino a los esclavos con los huevecillos a la altura de la garganta, por si se pasan un pelo. ¿Se sabe de algún amo que se vengara una vez pasadas las fiestas? :)))

jueves, marzo 02, 2006 11:53:00 a. m.  
Blogger Maz ha dicho...

Sí, soy gallega. Y como sé que mucha de la gente que pasa por aquí también lo es, por eso lo he puesto :P.
Pues mira, no tengo ni idea sobre lo de si algún amo se vengó o no, sería cosa de investigarlo. Lo cierto es que a mí esa parte de las Saturnales no me sonaba de nada, pero bueno... Grecia y Roma no son mi fuerte, aunque conozco bastante bien sus historias en general (ésto es demasiado específico para mí XD).

jueves, marzo 02, 2006 9:44:00 p. m.  
Blogger Maz ha dicho...

Por cierto, que de la traducción no te preocupes, que me encargo yo perfectamente... no he tenido problema con ninguna palabra, vamos. Pero como estoy con unas migrañas horribles desde el sábado no me apetece pasar mucho rato con el ordenador :P.

jueves, marzo 02, 2006 9:45:00 p. m.  
Blogger 315517 ha dicho...

Charnegra expresant la seva queixa per no poder incar la dent directament a tan suculent plat a taula:

"martes de antroido marcará o remate das grandes esmorgas de carne de porco (cacheira, rabo, orella, soá, bandullo, lacón, filloas de sangue) para entrar na abstinencia".

Aixo hauria d'estar prohibit. ^_^

jueves, marzo 02, 2006 10:20:00 p. m.  
Blogger Maz ha dicho...

Es que si lo prohíben se monta una revolución en toda Galicia, hija XDDDDDDD.
¡Qué nos van a dejar sin cacheiras y demás lambonadas de porco! :P

viernes, marzo 03, 2006 12:53:00 p. m.  
Anonymous Anónimo ha dicho...

Perdona, yo sin migrañas (por una vez) también estaba espesita al leerte: junté "si puedo lo traduzco" con "los gallegos lo tenéis más fácil" y creí que te referías a que te iba a costar encontrar tiempo para traducirlo y que te resultaba doblemente difícil por no ser gallega (de ahí vino mi interrogante).

Pero claro, te referías a que lo teníamos fácil los lectores gallegos para leerlo sin necesidad de traducción...

Ains, éstas ni siquiera son horas adecuadas para explicarse :)))

Klepto, mujer, todo será cuestión de invitarte pa los Entroidos que viene ;) Ja, vuestros comentarios me han recordado que hoy (ayer) por lo visto ha sido el primer viernes de vigilia, y aunque en mi casa hace siglos que no pisamos una iglesia, mi madre inexplicablemente sigue esa costumbre a la hora de decidir sus comidas de viernes de vigilia... menos mal que por la tarde me he resarcido con un buen bocata de chorizo.

sábado, marzo 04, 2006 2:33:00 a. m.  
Blogger 315517 ha dicho...

Schere me lo apunto, pero mira que leer eso de tu bocadillo de antesdeayer-ayer, a estas horas, Diooooos a ver si plego ya. Ô_Ô

martes, marzo 07, 2006 8:52:00 p. m.  

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio